Música e humor únense en Silleda por un Sáhara Libre

Solidaridade Galega co Pobo Saharauí organiza unha campaña de recollida de fondos para financiar o programa Vacacións en Paz. Durante todo o mes de abril diversas actividades culturais defenderán "a xusta causa" deste pobo. 

 

Os actos darán comezo o 5 de abril e prolongaranse até final de mes. Están organizados pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e procuran financiamento para o programa Vacacións en paz, unha acción que permite a perto de 300 crianzas saharianas pasaren boa parte do período estival fóra dos campos de refuxiados. 

Para isto, desde a asociación desenvolverán durante todo o mes unha extensa programación cultural na que mesturan música e humor en defensa, din, "da xusta causa" deste pobo. 

Até 8 grupos musicais e artistas actuarán en Silleda no II Mes Cultural de Axuda ao pobo Sahariano. Mofa e Befa, Isabel Risco, Cándido Pazó ou Factoría de Subsistencia  son algúns dos espectáculos que se poderán ver na Casa da Cultura de Silleda a partir deste sábado nunha programación que se completa cun concerto 'Por un Sáhara Libre' o 26 de abril no Auditorio Manuel Dopazo. 

O acto, que será presentado por Xurxo Souto, contará coas actuacións das Pandereteiras da Carballeira de Cercio, Linho do Cuco Ensemble e Leilía. 

Programa completo

  • 5 abril. MOFA E BEFA - Casa da Cultura Silleda - 21.30 h - Prezo 5 euros
  • 13 abril. CÁNDIDO PAZÓ - Casa da Cultura Silleda - 20.00 h - Prezo 5 euros
  • 16 abril. CONCERTO ACÚSTICO "Factoría de Subsistencia" JOSITO PORTO E SABELA DACAL - 23.30 h - Prezo 3'50 euros.
  • 26 abril. CONCERTO POR UN SÁHARA LIBRE. Auditorio Manuel Dopazo - Bandeira (Silleda) - 21.30h Pandereteiras da Carballeira de Cercio / Linho do Cuco Ensemble / Leilía. Anticipada 8 euros Taquilla 10 euros
  • 30 abril. ISABEL RISCO - Casa da Cultura Silleda - 21.30h - Prezo 3 euros