Morre un traballador do servizo de recollida de lixo ao caer do camión no Ourol
01 de xullo de 2025 (09:47 h.)
Un traballador do servizo de recollida de lixo faleceu ao caer do camión no que traballaba no municipio de Ourol (A Mariña).
Segundo informa o 112 Galicia, ás 5.30 horas da madrugada recibiu aviso do suceso ocorrido na rúa da Igrexa. Ata alí acudiu unha dotación do 061, quen deu a voz de alerta.
O home quedou inconsciente ao caer do vehículo e faleceu no lugar. Tamén foron avisados axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Ourol.