Morre unha muller ao sufrir unha caída nas proximidades dun parque eólico en Laxe
Urxencias Sanitarias da Galiza-061 mobilizou o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, mais nada se puido facer pola súa vida.
Unha muller faleceu tras sufrir unha caída nas proximidades dun parque eólico na parroquia de Soesto, no municipio de Laxe (Bergantiños). As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso, pero segundo confirmaron fontes próxima á investigación, as primeiras hipóteses apuntan a unha morte natural, despois de que a muller sufrise unha indisposición.
Segundo informou o CIAE 112 Galiza, sobre as 20.15 deste terza feira horas os equipos sanitarios alertaron dos feitos, tras o que se informou á Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Laxe. Urxencias Sanitarias da Galiza-061 mobilizou o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, mais nada se puido facer pola súa vida.