Psicóloga e sexóloga

Mónica Novas: "Habería que traballar máis na sensibilización sexo-afectiva nos centros educativos"

Mónica Novas ten, de seu, un espírito emprendedor. Psicóloga e criminóloga, especializouse en igualdade. Fundou a empresa Asistogal, que colabora con varias institucións na Galiza realizando campañas de información e sensibilización contra a violencia machista, como a Caravana Morada que percorre os municipios das comarcas do Salnés, Ulla e Umia. Como investigadora atopou relacións entre a gastronomía e o sexo ideando o termo "gastrosexoloxía" que deu a coñecer en universidades e escolas de hostalaría de todo o Estado español.
Mónica Novas traballa en proxectos de sensibilización de xénero, ademais doutras actividades (Nós Diario).
photo_camera Mónica Novas traballa en proxectos de sensibilización de xénero, ademais doutras actividades (Foto: Nós Diario).
Comentarios