Perante a crise que atinxe o sector lácteo no país, acrecentada polo cesamento da recollida do leite en diversas comarcas, a Plataforma en defensa do sector leiteiro de Galiza (Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e o SLG) convocaron esta terza feira (30 de xuño) unha manifestación que terá lugar en Compostela o 7 de xullo.
Aliás, a esta mobilización seguiralle "unha grande tractorada" coas que visan denunciar a "dramática situación do sector" marcada por "prezos irrisorios· e as ameazas de non recollida por parte da industria, como Leite Río ou Leitigal.
Desde as organizacións agrarias extenderon a convocatoria aos axentes sociais --para alén das explotacións gandeiras, organizacións políticas e alcaldías das comarcas afectadas á fin de denunciaren o "boicote" que, din, está a levar a cabo a industria.