A memoria de Castelao, no 'Sermos Galiza' deste sábado da man de Miguel Anxo Seixas

Miguel Anxo Seixas
O semanario, ademais, fai repaso dos 20 anos da orquestra SonDeSeu.

Este sábado, como cada semana, atoparás nos quiosques, xunto ao teu exemplar do Nós Diario, o suplemento semanal Sermos Galiza.

Na edición deste 9 de abril Montse González entrevista Miguel Anxo Seixas, autor da "biografía máis exhaustiva e completa" sobre Castelao que podes conseguir no mercado. Galaxia vén de publicar o terceiro e último tomo. Unha oportunidade única para debullar a memoria do pai do galeguismo.

20 anos da primeira orquestra folk

Ademais, Antón Escuredo achéganos a historia de SonDeSeu. Este 2022 festexa dúas décadas nos escenarios e vaino facer cunha xira de catro concertos en acústico. No seu 20 aniversario, ademais de avanzar os seus plans de futuro, Sermos Galiza ofrece unha retrospectiva da primeira orquestra flok europea.

Iago Valverde escribe sobre a figura de Fermín Blanco, un arquitenco que avoga por levar a súa disciplina ás aulas e crear dinámicas de aprendizaxe capaces de transformar o espazo educativo.

omo cada semana, o Colectivo Xea déixanos unha proposta para 'Andar e ver'. Esta vez, ao pé do río Coura. De Caminha 
a Paredes de Coura, 40 quilómetros de baixa dificultade polos concellos de Caminha, Vilanova de Cerveira e Paredes de Coura.

Libros, música e cinema

Os libros de Mario Regueira e de Inma Otero Varela achégannos a escrita de Paula Carballeira, Medos Romero e Luñís rei Núñez, entre outros autores e autoras.

E non falta a música nin o cinema, da man de Fernando Montenegro, Herminio González e Andrés Castro. Para escoitar, Radio Zapa!, Bernardo Sassetti Trio ou o último de Uxía & Javier Ruibal. E para ver, Julia, Jacobo Lagüela, unha fita de cinema etnográfico, dedicado á avoa do director.

Cociña e pasatempos

Nas páxinas de cociña, "niños e receitas fresquiñas para recibir a primavera", grazas a Anxo Fole e no feche do semanario, as propostas de Xerardo R. Roca e Xoán Costa para matar o tempo

Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario. 64 páxinas por tres euros!