A Xunta prohibirá reunións de máis de 6 persoas en interior e de 10 en exterior ou 2 grupos de conviventes

Feixoo na súa comparecencia para dar conta das novas restricións (Foto: Arxina)

7 concellos pasan a nivel máximo de restricións e 29 a nivel alto. Para acceder ao interior da hostelaría neses municipios será obrigatorio presentar proba negativa de PCR ou certificado de vacinación.

En concellos en nivel máximo e alto, prohibidas as reunións de non conviventes entre as 1 e as 6 horas da madrugada. Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3 e as 6 horas.

A Xunta pedirá autorización ao TSXG para adoptar estas restricións a partir deste sábado, 24 de xullo.

O presidente da Xunta compareceu esta cuarta feira para anunciar as medidas propostas polo comité clínico que se reuniu esta terza feira após a escalada de contaxios rexistrados e aumento de casos activos e presión hospitalaria. "Datos preocupantes", recoñeceu Núñez Feixoo

Anunciou Feixoo que se eleva a nivel máximo a situación de 7 concellos :O  Barco, A Pobra do Caramiñal, Cambados, Boiro, Sanxenxo, Meaño, O Grove.

A Xunta pedirá autorización ao TSXG para adoptar estas restricións a partir deste sábado, 24 de xullo.

E  pasan a nivel alto 29 municipios: Ourense, Avión, Barbadás, O Carballiño, Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa, Ribeira, Melide, Burela, Viveiro, Cervo, Foz, Ribadeo, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, Marín, Poio, Pontevedra, Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Tomiño.

O resto dos concellos galegos, 277 están en nivel medio-baixo. "O 35% da poboación está en nivel máximo ou alto de restricións", sinalou o presidente, que pasou a detllar as novas medidas

Medidas:

Control de acceso na hostalaría: exixirase para acceder ao interior dos locais dos 36 concellos en nivel máximo e alto acreditar quer certificado vacinación, quer proba negativa PCR ou quer demostrar ter pasado infección. Os menores de 12 anos ficarán exentos destes requisitos. 

En concellos en nivel máximo e alto: prohibidas as reunións de non conviventes entre as 1 e as 6 horas da madrugada. Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3 e as 6 horas.

Ademais, os aforos pasan a 30% interior e 50% en exterior en nivel máximo e hai que acreditar PCR negativa, estar vacinado ou test de antíxenos para acceder ao interior. En nivel alto: 50% interior e 50% exterior. e para acceder ao interior dos locais ai que presentar os mesmos requisitos que no nivel màximo. 

En nivel medio o aforo será de 50% en interior e exterior, mentres que en nivel medio baixo o aforo é de 50% en interior e 100 % en exterior. En ambos os dous non será necesario ningún dcoumento para acceder ao interior.

Lecer noctuno: Fechado en nivel alto e máximo. No resto dos niveis mantéñense os niveis establecidos até o de agora. Os locais teñen que contar cun rexistro de clientes e medidor de CO2. O horario mantense.

Reunións: anuncia que a Xunta solicita ao TSXG autorización para exixir control nas reunións: fican prohibidas xuntanzas de 6 persoas conviventes no interior e 10 no exterior ou de máis de dous grupos de non conviventes.

En concellos en nivel máximo e alto: prohibidas as reunións de non conviventes entre as 1 e as 6 horas da madrugada. Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3,00 e as 6,00 horas.

Quinta vaga

Feixoo sitúa esta quinta vaga na "profunda intercacción social" entre os grupos de idade que aínda non están vacinados. "O 80% dos novos contaxios teñen menos de 40 anos", sinala o presidente. 

"Non podemos baixar a garda malia que os contaxios sexan de xente moza", indicou, lembrando que tamén os mozos e mozas acaan na UCI. A isto engade o perigo de que estendan o virus a colectivos de maior idade, aínda que estean vacinados xa que a efectividade non é de 100%. "O contaxio de persoas vacinadas triplicouse nestas semanas", dixo Feixoo.  E a isto engadiu que a presión hospitalaria segue a aumentar.

"O contaxio de persoas vacinadas triplicouse nestas semanas", dixo Feixoo

As previsións

Os cálculos do comité clínico indican que de se manter a situación actual de contaxios nos vindeiros días, as previsións aspuntan a que en 2 semanas chegaríase a mil hospitalizados.

Feixoo afirmou que hai un "problema importante" de desabastecemento de vacinas. "Precisamos máis vacinas", sinalou e indicou que non hai doses abondo: "nin sequera fomos capaces de vacinar os menores de 30 anos". Por iso, dixo, a Xunta vai seguir "a reclamar" vacinas. "De ter vacinas, non teriamos que adoptar estas medidas".

Soben os casos activos

Tamén na terza feira Galiza volveu superar a barreira dos 12.000 casos activos, unha marca que logrou salvar a mediados do pasado mes de febreiro, mais nun escenario de vacinación menos optimista que o actual.

A inmunidade da poboación galega avanza. Perto de 66% das persoas obxectivo da campaña  xa contan coa pauta completa e 74% recibiron polo menos unha dose.

Neste contexto o avance dos contaxios non amosa, de momento, indicios de contención, cunha incidencia acumulada a 14 días que segue a superar o limiar dos 1.500 casos por cada 100.000 habitantes tanto entre o grupo de 20 a 29 anos -1.719- como de 12 a 19 - 1.608-, ambos os dous pendentes de acceder á vacinación masiva contra a Covid.