Os tres mariñeiros sobreviventes, rumbo a Compostela

O avión A-400 do Exército do Estado español, á súa chegada ao aeroporto de Saint John de Terranova esta segunda feira (Foto: Paul Daly / Europa Press).
Está prevista a súa chegada, e máis a de cinco dos corpos atopados, esta medianoite.

O avión A-400 do Exército do Aire, que trasladará os tres sobreviventes e cinco dos falecidos do 'Vila de Pitanxo', despegou de Terranova (Canadá) pasadas as 19 horas desta segunda feira.

Aínda que inicialmente estaba previsto que o avión chegase ás 18 horas á base militar de Lavacolla, en Compostela, non será até arredor da medianoite entre esta segunda e a terza feira debido ao atraso polos trámites burocráticos para realizar para a repatriación. Prevese que o voo dure perto de cinco horas.

Pola súa parte, está previsto que o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, acuda a recibir á tripulación do 'Vila de Pitanxo' e se reúna con familiares das vítimas na capital da Galiza.

Namentres, os afectados, que reclaman que se prosiga a procura dos seus familiares, manteñen un encontro co titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo.

[En ampliación]