Máis un ano, o capón faise o protagonista en Vilalba

A feira do capón de Vilalba reúne centos de persoas cxada ano (Foto: Turismo Vilalba).
A pesar de que non se sabe con exactitude, estímase que esta feira pode ter por volta de 200 anos de antigüidade, pois nos libros do Concello de Vilalba, aparecen anotacións da Feira do ano 1835.

A xa histórica feira do capón de Vilalba volveu esta cuarta feira á localidade chairega onde este animal volveu converterse no protagonista da festa.

A pesar de que non se sabe con exactitude, estímase que esta feira pode ter por volta de 200 anos de antigüidade, pois nos libros do Concello de Vilalba, aparecen anotacións da Feira do ano 1835.

Tradicionalmente, a feira decorre na praza de Santa María, onde se poñían á venda aproximadamente 1.000 pares de capóns.

Na actualidade a feira trasladouse a un recinto cuberto, onde tanto as mercadorías como os vendedores están resgardados das inclemencias do tempo.

Nas semanas previas á feira, faise un control dos capóns, onde se comproba o estado hixiénico-sanitario dos animais, se observa a porcentaxe de rexeneracións e por último, actualízase o censo, anotando as posíbeis baixas que houbese.

O capón

A data de domesticación do galo descoñécese. O que si se sabe é que todas as razas de galos que hai hoxe proceden dun só, o Galo de Bankiva, procedente do sueste asiático.

Había galos domésticos na China no 1.400 a.c. e chegaron ao sur de Europa no 700 a.c. aproximadamente. A evidencia de restos arqueolóxicos tales como cerámicas, figuriñas, moedas e mosaicos suxiren que estas aves se gardaban con fins relixiosos e para sacrificios, aínda que tamén se usaban para pelexas de galos.

En civilizacións primitivas, os galos eran símbolos mitolóxicos pola súa capacidade de estabelecer unha organización xerárquica