Esta é a 'Lúa de Esturión', visíbel desde a Galiza esta terza feira

A 'Lúa de Esturión' (Foto: Fernando Astasio / Adobe Stock).
A diferenza doutros astros celestes como algúns planetas, estrelas ou galaxias, a lúa case sempre se pode apreciar no ceo nocturno, polo que non se require dispositivo especial para observar o brillo do único satélite natural da Terra.

A ‘Lúa de Esturión’ ou ‘Superlúa de Agosto’ pode verse na tarde desta terza feira na Galiza. Un fenómeno propio do verán e un dos espectáculos máis fermosos que se pode apreciar no ceo.

Este fenómeno é o segundo no ano no cal a lúa se atopa en perixeo, é dicir, o seu punto máis próximo á Terra. Isto provoca non só unha lúa máis grande na bóveda celeste, senón tamén unha máis brillante. O seu tamaño aumenta 8% e a súa luminosidade 16%.

A diferenza doutros astros celestes como algúns planetas, estrelas ou galaxias, a lúa case sempre se pode apreciar no ceo nocturno sen importar a contaminación lumínica, polo que non se require dispositivo especial para observar o brillo do único satélite natural da Terra.

Aínda así, para poder ver a lúa en todo o seu esplendor, recoméndase facelo desde un lugar con pouca contaminación lumínica, preferibelmente un lugar elevado.

Non obstante, esta non foi a única lúa chea destas datas xa que o 31 de agosto terá lugar a coñecida como ‘Lúa Azul’, un fenómenos que se dá cada dous anos e medio aproximadamente.

Nome

O nome de Lúa de Esturión deriva do seguinte: Os esturións son peixes sumamente antigos. Estímase que levan 135 millóns de anos habitando a Terra. Durante o mes de agosto, os lagos norteamericanos énchense deste animal, de aí o nome da primeira lúa chea de agosto.

Hoxe en día, alertan desde Natural Geographic, tamén podemos considerar a lúa de agosto como un recordatorio para a conservación desta especie, pois é posíbel que logo estea en perigo de extinción debido á pesca furtiva.