Localizan na lagoa de Cospeito o cadáver dunha muller desaparecida

Sede do112 - Axega
Tras o exame da persoa falecida, fontes próximas á investigación apuntan que o corpo non presenta signos externos de violencia.

Equipos de emerxencia localizaron á primeira hora da mañá deste sábado na lagoa de Cospeito, na comarca da Terra Chá, o cadáver dunha muller que se atopaba en paradoiro descoñecido desde a xornada anterior.

Tras ser avistado, o corpo foi recuperado da auga polos bombeiros de Vilalba nas primeiras horas deste sábado, segundo trasladaron os servizos de emerxencia.

O caso está a ser investigado pola Garda Civil, que tivo constancia da desaparición desta muller na noite da sexta feira.

Tras o exame da persoa falecida, fontes próximas á investigación apuntan que o corpo non presenta signos externos de violencia.

Operativo

O operativo coordinado pola Garda Civil para recuperar o corpo contou coa participación de membros do servizo municipal Protección Civil de Vilalba e de voluntarios de Protección Civil de Meira.