UNHA MOZA APARECEU ASASINADA NA MAñá DO SáBADO

Investigan un posíbel asasinato machista en Lugo

[ACTUALIZADA O 10.04.2016 ÁS 15h] Unha moza de 24 anos, Tatiana V.A., apareceu morta nun coche en Lugo na mañá do sábado. Investígase agora se a morte violenta representa un novo caso de asasinato machista.

O Xulgado número 3 de Lugo e a Policía chegaron a investigar o pasado ano se a moza atopada asasinada nun coche este sábado –Tatiana V.A., de 24 e natural de Castro de Rei- sufría violencia machista por parte da súa parella a raíz dunha denuncia posta por unha terceira persoa en maio de 2015.

Segundo publica Europa Press, non figuran denuncias por violencia de xénero da moza e as dilixencias abertas ficaron arquivadas após o Xulgado non conseguira localizar a moza -tras citala en tres ocasións- e após de que esta negara ante a Policía os feitos recollidos na denuncia desa terceira persoa.

É o Xulgado número 3 de Lugo quen está a investigar os feitos, xunto coa Policía.

A Asociación contra a violencia de xénero Si hai saída manifestou a súa repulsa a este asasinato, do que non se teñen novos dados, nun comunicado de prensa.