Imputan Baltar pai no caso de acoso sexual polo que investigan o fillo

[Imaxe PPdeG]

A xuíza cítao a declarar o 8 de xuño.

Esta terza feira a Audiencia Provincial de Ourense citou en calidade de investigado por un presunto delito de suborno e tráfico de influencias a José Luis Baltar, pai do actual presidente da Deputación de Ourense. Fíxoo a xuíza que instrúe o caso de suposto acoso sexual polo que está a ser investigado José Manuel Baltar (fillo). 

Baltar pai prestará declaración como imputado/investigado o 8 de xuño, un día despois de o facer o que na altura era asesor xurídico da Deputación e máis o director do hotel no que terían mantido relacións sexuais a denunciante e o actual presidente provincial de Ourense.