Homenaxe a Bautista Álvarez no seu segundo cabodano

Imaxe d homenaxe a Bautista Álvarez

Unha ofrenda floral este domingo no cemiterio de San Cibrao das Las lembrará unha persoa fulcral para  a conformación do movemento nacionalista contemporáneo.

O 16 de setembro de 2017 falecía, aos 84 anos de idade, Bautista Álvarez, un dos líderes históricos do nacionalismo galego, figura central na historia política do país desde os anos 60. Este domingo, co gallo do segundo cabodano do pasamento dunha figura indispensábel para entender a conformación do movemento nacionalista contemporáneo, a UPG e a Fundación Terra e Tempo celebran una ofrenda floral no cemiterio de San Cibrao das Las, no concello de San Amaro, onde descansan os seus restos.

No transcurso deste acto intervirá Antón Sánchez Ribeiro, dirixente nacionalista e amigo de Bautista Álvarez. A ofrenda pretende, para alén de homenaxear e lembrar o falecido, incidir na vixencia  do capital ideolóxico dunha persoa que participou na construción da proposta teórica do nacionalismo nos últimos sesenta anos.