Accede aos xulgados

Un home arrasa a sala de Violencia sobre a Muller de Vigo

Xulgados de Vigo (Cedida)

Cunha pedra rompeu o cristal da porta dos xulgados de Vigo e accedeu até a sala de Violencia sobre a Muller onde causou diversos danos en expedientes e materiais.

Na madrugada deste sábado 9 de novembro un home entrou nos xulgados de Vigo rompendo cunha pedra os cristais da porta principal. Unha vez dentro, accedeu á sala de Violencia sobre a Muller, no cuarto andar do edificio.

Alí arrasou expedientes, danou material e tirou diversos computadores ao chan.

O culpábel foi detido porque, após realizar os actos, foi a un bar desde onde chamou a policía para confesar o que fixera.

Aínda non se deron a coñecer as motivacións do atacante, mais é evidente que a súa idea era esta atacar a sala que atinxe as violencias machistas, xa que o home non accedeu a ningunha outra sala do edificio.