Golpe do Supremo ás taxas xudiciais de Gallardón

Exime a operari@s, centrais sindicais, beneficiari@s da Seguridade Social e funcionari@s do pagamento deste gravame. 

 

A Sala do Social do Tribunal Supremo pronunciouse esta cuarta feira a respeito das taxas xudiciais impostas polo Goberno español e que suporían o fin da xutiza gratuíta. Segundo a sentenza da máxima instancia @s operari@s, centrais sindicais, beneficiari@s da Seguridade Social e funcionari@s fican eximid@s de pagar este gravame de acordo coa interpretación lexislativa feira polo tribunal. 

"As taxas suporían pagar, por exemplo, por recorrer un despedimento, reclamar salarios pendentes ou indemnizacións", sinala a sentenza do Supremo

Neste senso, o Supremo determina que, de acordo co artigo 119 da Constitución española e Lei de 1996 estes colectivos deben quedar exentos da taxa requirida polo executivo pois, "as taxas suporían pagar, por exemplo, por recorrer un despedimento, reclamar salarios pendentes, por reclamar indemnizacións no caso de ter padecido un accidente laboral, por recorrer un expediente de regulación de emprego ou interpor unha demanda de conflito colectivo por incumprimento dun convenio". 

Coa súa decisión o tribunal pega un duro golpe a unha das principais medidas adoptadas polo Ministerio de Xustiza mais que foi fortemente denunciada pol@s profesionais do sector ao consideraren que constituía unha vulneración do "dereito á lexítima defensa". 

A respeito das centrais sindicais, o Supremo considera que tampouco deberán pagan en tanto que actúan como representantes d@s traballador@s sexan est@s afiliad@s ou non pois, salienta a sentenza, cando se pronuncian a respeito de conflitos individuais tamén o están a facer "noutros procesos onde estean en xogo intereses colectivos". 

A sentenza é de aplicación con carácter retroactivo polo que naqueles recursos en que tiveran que ser abonadas, poderá ser exixíbel a súa devolución.