A Garda Civil ten que retirar un chío no que cualificaba os maquis de “bandoleiros”

Captura do chío xa borrado pola GC.

O chío provocou unha forte indignación nas redes sociais, que levaron ao Instituto armado español a borrar o tweet.

 

A Garda Civil tivo que recuar e retirar un chío no que conmemoraba que en 1949 se crearan postos e destacamentos con cans, acompañada dunha foto de zonas de montaña, “para perseguir de forma máis organizada os bandoleiros e para reforzar o servizo nas zonas fronteirizas e costeiras".

O texto axiña xerou indignación e críticas nas mesmas redes sociais nas que se puxo. A referencia a “bandoleiros” no contexto de 1949 non pasou desapercibida.

Así, moitos sinalaron que se estaban a referir aos maquis e guerrilleiros antifranquistas que naquela altura combatían o réxime de Franco.

De feito, “bandoleiros” era unha das descualificacións que o franquismo deitaba sobre estes combatentes para intentar tirarlle á súa loita calquera lexitimidade política e tratalos como “delincuentes”.

 Garda Civil creou a finais da década dos 40 eses destacamentos para combater a guerrilla, para alén doutras funcións.