"Gallegos paletos. Viva Madrid". Estas son as pancartas galegófobas que apareceron na Limia

Unha das pancartas que apareceu na comarca da Limia (Foto: @martaseguin).
Desta situación alertaron persoas usuarias das redes sociais, especialmente Twitter, que na súa esmagadora maioría, mostraron o seu total rexeitamento a este tipo de mensaxes.

A comarca da Limia espertou cunhas pancartas galegófobas estes días nas cales se poden ler mensaxes como “Paletolandia” ou “Solo en español” acompañadas de outras mensaxes como “Gallegos paletos” e “Viva Madrid”.

Desta situación alertaron persoas usuarias das redes sociais, especialmente Twitter, que na súa esmagadora maioría, mostraron o seu rexeitamento a este tipo de mensaxes.

Outra das pancartas que apareceron na Limia (Foto: @martaseguin).

De feito, algún usuario anunciou que xa se procedera á retirada das devanditas pancartas.

"Preocupante"

Tamén segundo varias persoas usuarias desta rede social, percíbese un aumento deste tipo de actos nos últimos tempos, algo que un número considerábel de persoas consideran “preocupante”.