Galiza tamén evitará a vaga de frío posterior a Filomena

As xeadas aínda serán intensas na segunda feira na Galiza, mais irán a menos co avance da semana. Mesmo na tarde de mañá haberá sol e pouco vento. Galiza tamén evitará así a vaga de frío que o resto do Estado terá após a borrasca Filomena. O presidente Pedro Sánchez apelou á coordinación entre Administracións ante os estragos do temporal en boa parte do Estado. Prevese que a segunda feira poida aterrar en Madrid o avión coas vacinas de Pfizer para a súa distribución no Estado.

Estrada xeada en Folgoso do Courel (Foto: Deputación de Lugo)
photo_camera Estrada xeada en Folgoso do Courel (Foto: Deputación de Lugo)
Comentarios