Galiza rexistra máis de 400 lóstregos nas últimas horas por causa da vaga de calor

Os lóstregos protagonizaron as última horas. (Foto: Europa Press)
A actividade eléctrica concentrouse na Mariña, pero tamén afectou a comarcas como as de Ortegal e Ferrolterra.

A onda de calor, con temperaturas elevadas a pasada madrugada, provocou tormentas en varios puntos da Galiza nas últimas horas.

O país rexistrou 404 raios desde as 00 horas até as 12 horas desta cuarta feira, segundo a información de Meteogaliza.

De acordo con estes datos, a actividade eléctrica concentrouse na Mariña, pero tamén afectou a comarcas como as de Ortegal e Ferrolterra.

Así mesmo, a rede de Meteogaliza detectou raios en áreas da contorna de Santiago de Compostela, Carballo e Santa Comba.