Galiza inicia a desescalada con 564 pacientes con Covid hospitalizados e 6.273 casos activos

Unha mostra dunha PCR. (Foto: Nós Diario)

Galiza inicia esta sexta feira, 26 de febreiro, a desescalada progresiva co alivio de restricións con 564 pacientes hospitalizados con coronavirus, 22 menos que a xornada anterior, e cos casos activos que manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 6.273.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá da sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas da quinta feira, nos que se inclúen 117 pacientes con Covid-19 en UCI en toda a Galiza, o que implica catro menos que a xornada anterior, e 447 noutras unidades -18 menos-.

Os pacientes ingresados con coronavirus descenden en cinco do sete áreas sanitarias, mentres que na da Coruña e Cee mantéñense sen cambios, con 42 en UCI e 145 noutras unidades; así como na de Lugo, con 13 en críticos e 27 noutras unidades.

Pola súa banda, un maior alivio experiméntao a de Santiago e Barbanza, onde aínda que soben a 17 as persoas con Covid-19 en UCI -una máis- baixan a 62 as que permanecen noutras unidades -oito menos-; e na de Ferrol caen a 10 o críticos -un menos- e a 68 os doutras unidades -seis menos-.

En canto á área sanitaria de Vigo, os pacientes con Covid en UCI baixan a 16 -dous menos- e os ingresados noutras unidades caen a 52 -un menos-; na de Ourense mantéñense en cinco os críticos e descenden a 44 os doutras unidades -tres menos-; e na de Pontevedra e O Salnés redúcense en dous os críticos até os 14 e 49 seguen noutras unidades -sen cambios-.

Descenden os casos activos

Os casos activos proseguen a tendencia descendente até situarse en 6.273, 499 menos, e seis das sete áreas sanitarias -todas experimentan unha caída- contan con menos dun milleiro, ao baixar a de Vigo a 994.

Deste xeito, a da Coruña rexistra 2.019 -a única por encima do milleiro de casos activos-; a de Pontevedra e O Salnés, 884; a de Santiago e Barbanza, 694; a de Ferrol, 665; a de Lugo, 631; e a de Ourense, 386.

Baixan os novos contaxios diarios

Tamén os últimos datos actualizados reflicten un descenso lixeiro dos novos contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba en Galiza até os 272 -fronte aos 320 da xornada anterior-, deles 222 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

Deses 222 positivos confirmados por PCR nas últimas horas, 70 corresponden á área da Coruña e Cee; 65 á de Vigo; 28 á de Pontevedra e O Salnés; outros 28 á de Santiago e Barbanza; 13 á de Ferrol; nove á de Lugo; e outro nove á de Ourense.

Até a data as persoas que se contaxiaron de Covid-19 ascenden a 112.038, delas 26.645 corresponden á área sanitaria da Coruña e Cee; 21.076, á de Vigo; 17.924 á de Santiago e Barbanza; 14.508 á de Ourense; 12.284 á de Pontevedra e O Salnés; 11.663 á de Lugo; e 7.938 á de Ferrol.

Sanidade realizou até a última actualización de datos 1.654.676 PCR, o que supón 6.980 probas máis que as rexistradas até a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- descende a un 3,9% despois de superar o 4% a xornada anterior, polo que se mantén por baixo dese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa como máximo para dar por controlada a pandemia.

Desde o inicio da pandemia 2.213 persoas faleceron na Galiza despois de seren diagnosticadas con coronavirus, tras notificar Sanidade na noite da quinta feira a morte doutros oito.

As autoridades sanitarias puntualizaron que só un destes falecementos tivo lugar na quinta e o resto corresponden a días anterior.