Que podo facer a partir de hoxe no meu concello? A guía para non perderte

Galiza reabre hoxe novamente a hostalaría, aínda que con restricións, volve permitir encontros con non conviventes e estrea unha 'nova mobilidade' na meirande parte do territorio. Porén, permanecerán fechados perimetralmente 10 municipios, mentres que 106 terán limitacións e os restantes 197 poderán moverse entre eles.

Imaxe dun control de mobilidade na Galiza. Foto Álvaro Ballesteros Europa Press
photo_camera Imaxe dun control de mobilidade na Galiza. Foto Álvaro Ballesteros Europa Press
Comentarios