Fiscalía pide 375 anos de prisión para os 8 mozos de Altsasu procesados por unha lea con gardas civís

Concentración en apoio aos detidos

O ministerio público solicita que se lles condene por “lesións terroristas” por unha pelexa con 2 garda civís de paisano nun bar desta localidade navarra. Para unha das persoas procesadas a Fiscalía pide 62 anos de prisión, para outros seis 50 años a cada un, e doce anos e medio para outro. 

A Fiscalía da Audiencia Nacional española solicita un total de 375 anos prisión para os 8 mozos de Altsasu que foron procesados após a lea nun bar con dos gardas civís. Para un destes mozos  pide 62 anos de prisión, para outros seis 50 años a cada un, e doce anos e medio para outro. 

 

Segundo varias axencias españolas, o Ministerio Público solicita no seu escrito de acusación que a estes sete mozos se lles condene por catro de delitos de “lesións terroristas” e reclama 12 anos e medio de cárcere por cada un destes. A defensa non recibira notificación destas peticións a primeira hora da tarde, cando os medios españois daban a nova.

 

O fiscal sostén que a lea no bar enmárcase na campaña ‘Alde Hemendik que existe en Euskal Herria e na que se pide que Guardia Civil e Policía abandonen o tetrritorio. Afirma que se procura crear un clima de "medo e rexeitamento" cara a eles, "influíndo de maneira negativa" na vida dos axentes das forzas de seguridade do estado español en País Vasco, procurando a súa "exclusión social". Para o Fiscal esta tese foi introducida por ETA en 1976 e posta en práctica pola esquerda abertzale ao longo destas décadas. 

 

Tres destes mozos – Oihan Arnanz, Adur Ramírez de Alda e Jokin Unamuno - permanecen en prisión desde novembro por esta causa. Os familiares de todos os procesados acudiron a semana pasada a Bruxelas a denunciar esta situación, obtendo  apoio de 51 eurodeputados.