A Fiscalía da Galiza mantén abertas 6 dilixencias penais contra responsábeis de residencias de anciás

Un operario co traxe de desinfeccion na Residencia de ancianos San Carlos de Celanova (Rosa Veiga/Europa Press).

Pola xestión que realizaron na crise sanitaria provocada polo coronavirus.

Así o confirmaron fontes da Fiscalía, despois de que o mesmo órgano a nivel estatal remitise os datos actualizados a día 5 de maio sobre os procedementos de investigación que se están levando a cabo nestes centros.

O mesmo informe explica que ademais de seis dilixencias penais abertas, mantéñense activas as dilixencias pre procesais polas que a Fiscalía controla a xestión das residencias en toda Galiza en relación coa crise sanitaria.

Neste sentido, Fiscalía explicou que a día de hoxe hai 10 dilixencias civís abertas e seis arquivadas. A través dos órganos provinciais e de área realízase o seguimento destes centros de maiores.

Dilixencias

Das seis dilixencias penais que leva a Fiscalía de Ourense contra as residencias de maiores nesta provincia, catro delas están relacionadas coa xestión do coronavirus. Desde a semana pasada incorporouse unha denuncia contra a residencia da Nosa Señora de la Esperanza ás dilixencias que xa estaban abertas contra este centro residencial.

Pola súa banda, a Fiscalía da Coruña tramita dous procedementos de dilixencias penais na súa provincia contra residencias, abertos por mor dunha denuncia dun particular por "presuntas irregularidades" nun centro concreto e outra denuncia doutra persona particular.

Ademais, outras dúas seguen activas na Fiscalía de Santiago, pero abríronse como consecuencia de dúas denuncias de varias persoas particulares que aseguran o incumprimento de protocolos na xestión da COVID-19, pero non en relación aos centros residenciais.

A Fiscalía Superior tamén explicou que a día de hoxe todas as dilixencias penais da súa competencia están arquivadas despois de que se pechasen as abertas.