Profesorado féchase en centros da Coruña, Monforte, Pontevedra e Vigo para exixir "melloras" no ensino público

Ducias de docentes, apoiados por alumnado e comunidade educativa, fecháronse esta terza en catro centros de ensino noutros tantos concellos galegos, nunha mobilización rotatoria que nos vindeiros días transcorrerá, até o 5 de febreiro, por diferentes colexios e institutos e coa que queren "visibilizar" o deterioro do ensino público da man das políticas da Consellaría. 
monforte (7)
Feche no IES Francisco Daviña, de Monforte de Lemos. (Foto: Nós Diario)
Comentarios