Falece unha muller no hospital de Lugo e eleva as mortes por Covid-19 na Galiza a 644

Dúas sanitarias preparan probas PCR (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
A vítima, de 96 anos, contaba con patoloxías previas. Desde que apareceron os gromos na "nova normalidade" xa faleceron 24 persoas no país

As vítimas mortais do coronavirus na Galiza son xa 644 após que unha muller de 96 anos falecese onte no Hospital Lucus Augusti (HULA). A Consellaría de Sanidade explica que a falecida tiña patoloxías previas.

Os falecementos vinculados coa Covid-19 volveron co aumento dos gromos este verán. Una muller de 91 perdeu a vida aqueixada desta doenza o pasado 7 de agosto en Ourense. Desde entón houbo 24 mortes máis. Até ese momento, Galiza levaba dous meses sen ter que lamentar ningunha morte polo coronavirus.

Do total das vítimas, 135 perderon a vida en residencias de maiores e outras 149 en hospitais e residencias integradas.