Un experto en seguranza ferroviaria ve "evidente" que Adif aumentou o risco do accidente "nun millón de veces"

Expertos no sistema ERTMS chegando á Cidade da Cultura. (Foto: Europa Press)
O empregado de Bombardier, Jaime Moñus (da compañía responsábel do deseño e instalación do EMRTS) afirmou pola súa parte que a desconexión deste sistema de seguridade produciuse sen consulta previa á firma.

Jorge Iglesias, director do laboratorio de interoperabilidade ferroviaria do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex), adscrito orgánicamente ao Ministerio de Transportes, ve "evidente" que Adif debería analizar o que supuxo a desconexión do sistema de seguridade 'ERTMS' embarcado no Alvia que descarrilou en xullo de 2013, posto que esta decisión incrementou en "un millón de veces" o risco.

Así o ratificou na súa declaración no xuízo polo sinistro ferroviario, no cal morreron 80 persoas e 145 resultaron feridas.

Iglesias xa lanzara esta denuncia na comisión de investigación creada no Congreso dos Deputados para tratar de determinar as causas da traxedia.

Iglesias era director de coordinación técnica na Dirección de Operacións e Enxeñería de Rede de Alta Velocidade, dependente da Dirección Xeral de Operacións e Enxeñería de Adif, durante a posta en servizo da liña.

Esta terza feira, no xuízo polo accidente, reiterou que a seguridade "se reduciu un millón de veces" ao desconectar o 'ERTMS', un cambio na súa opinión "significativo", polo que sostivo que "si" debería facerse unha análise de riscos antes de adoptar esta medida.

"Quen?", preguntoulle o avogado da plataforma de vítimas, Manuel Alonso Ferrezuelo, quen o propuxo en calidade de testemuña: "Até onde eu entendo, a dirección de seguridade na circulación", contestou Jorge Iglesias.

A xuízo deste experto, "non se pode admitir de ningunha das maneiras" que a mitigación do risco sexa "transferirllo a un ser humano". Ademais, "non se pode dicir que é novo un risco" como o que implica "que nunha curva haxa que baixar a velocidade".

"O EMRTS desconectouse sen consulta previa"

O empregado de Bombardier Jaime Moñus (da compañía responsábel do deseño e instalación do EMRTS) afirmou pola súa parte que a desconexión deste sistema de seguridade produciuse sen consulta previa á firma. Ademais, asegurou que despois non foron aplicadas as medidas correctoras que se propuxeron.

Sinalouno a preguntas do avogado da plataforma de vítimas na súa declaración en calidade de testemuña.

"A desconexión non nola anunciaron, só nos informaron de que se desconectou, da decisión de desconectala (...) Non nos consultaron", aseverou Moñus, quen compareceu despois de dúas longas declaracións de dous traballadores da unión temporal de empresas (UTE) que forneceu o 'ERTMS' na vía