Os exmariños galegos en Noruega exixen xustiza na ONU e OIT

Eran coñecidos como os 'galisik' (galegos, en noruegués). Por volta de 10.000 mariñeiros galegos que durante décadas (principalmente entre a dos 50 e 80) traballaron enmarcados en buques de bandeira e compañías de Noruega. Cotizaron naquel país e pagaron alíi os seus impostos. Porén, Oslo non lles recoñece dereito a pensión ou prestación. Por iso, e representados pola asociación 'Long Hope', levan anos de mobilizacións e protestos reclamando os seus dereitos.

Estes días una delegación de Long Hope concentrouse en Xenebra diante da Organización Internacional do Traballo (OIT) e da Organización das Nacións Unidas (ONU) en Xenebra (Suíza). Demandan que a OIT  obrigue a Noruega a cumplir cos convenios asinados, e que a ONU impida que o país escandinavo vulnere os dereitos humanos destes traballadores  que reclaman o pago das súas xubilacións, mentres Noruega continúa sen recoñecer o dereito á xubilación dos mariñeiros embarcados na súa frota ata 1994.

 

A delegación foi recibida por Horacio Guido, da oficina de Normas Internacionais do Traballo da OIT, onde expuxeron a súa situación e exisiron que se cumplan as leis internacionais do traballo. A concentración contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego en Suíza, o seu portavoz, Xosé Abelenda, acompañou aos mariñeiros en Xenebra e brindoulles todo o apoio de parte da organización,” xa que de novo os nosos emigrantes son inxustamente tratadodos”, indica.