A Eurocámara comprométese co persoal da CRTVG en folga a comprobar se o anteproxecto da Lei de medios públicos da Xunta respecta a lexislación

Ao tempo que as folguistas volvían parar por vixésimo terceira vez o programa O Termómetro, integrantes do comité intercentros buscaban apoios en Estrasburgo, levando a protesta das traballadoras e traballadores dos medios públicos galegos até o pleno da Comisión Europea no día da votación das novas comisarias e comisarios de Von der Leyen.
Persoal da CRTVG en folga esta cuarta feira no pleno da Comisión Europea en Estrasburgo, no que se votaba a elección dos novos comisarios que acompañarán na Presidencia a Ursula Von der Leyen. (Foto: Comité Intercentros)
Persoal da CRTVG en folga esta cuarta feira no pleno da Comisión Europea en Estrasburgo, no que se votaba a elección dos novos comisarios de Ursula Von der Leyen. (Foto: Comité Intercentros)
Comentarios