Un estudo demostra que as mulleres que sufriron violencia de xénero teñen altas probabilidades de ter danos no cerebro

A violencia machista afecta o cerebro das mulleres (Foto: Nós Diario).
O estudo, que publica se publicou na revista Acta Neuropathologica e contou coa colaboración de investigadores da Universidade de Glasgow (Escocia) e a Universidade de Pensilvania (EUA), examinou os cerebros de máis de 80 mulleres con antecedentes de violencia de xénero.

Unha investigación dirixida por un equipo do Centro de Investigación de Lesións Cerebrais de Mount Sinai e a Oficina do Médico Forense Xefe da cidade de Nova York (EUA), descubriu danos substanciais por patoloxía vascular e na materia branca do cerebro de mulleres que experimentaron violencia de xero, ademais estas mulleres tiñan importantes comorbilidades médicas, incluídas enfermidades cardiovasculares e cerebrovasculares.

O estudo, que publica se publicou na revista Acta Neuropathologica e contou coa colaboración de investigadores da Universidade de Glasgow (Escocia) e a Universidade de Pensilvania (EUA), examinou os cerebros de máis de 80 mulleres con antecedentes de violencia de xénero.

Con todo, aínda que todas tiñan evidencia de lesión cerebral traumática non había evidencia de encefalopatía traumática crónica (CTE), a enfermidade neurodexenerativa recoñecida entre os atletas de deportes de contacto que sofren traumatismos craniais repetidos.

Os investigadores suxiren que estes achados demostran unha necesidade urxente de considerar o amplo alcance da patoloxía que podería estar a influír nas lesións cerebrais relacionadas coa violencia de xénero, así como as comorbilidades médicas e psiquiátricas que contribúen á saúde do cerebro durante a vida.

A parte inicial desta investigación centrouse en 14 cerebros de mulleres que sufriron violencia documentada que se examinaron utilizando técnicas de patoloxía e de imaxes cerebrais de última xeración. Estes estudos revelaron que todos tiñan evidencia de lesión cerebral traumática. Os achados desta serie de casos inicial aplicáronse despois a 70 casos arquivados de violencia de xénero identificados en arquivos dos servizos forenses.

Unha vez máis, o equipo de investigación atopou evidencia de patoloxías vasculares e da substancia branca, pero só patoloxías neurodexenerativas limitadas nos suxeitos de maior idade. É importante destacar que ningún contiña cambios neuropatolóxicos de CTE.

Consecuencias para "toda a vida"

"A pesar da prevalencia da violencia de xénero asociada a traumatismos cerebrais, prestouse moi pouca atención ás súas consecuencias para toda a vida. Este estudo comeza a abordar esta fenda de investigación e reforza a necesidade de traballar máis neste tema de alta prioridade", sinala o profesor Willie Stewart, neuropatólogo consultor, profesor honorario da Universidade de Glasgow e coautor do estudo.

A pesar do común que é a violencia de xénero sábese moi pouco sobre os seus efectos no cerebro. As vítimas de violencia de parella frecuentemente reportan lesións cerebrais traumáticas e, até o de agora, asumiuse que as lesións repetidas na cabeza sufridas no contexto de violencia de xénero son comparábeis ás sufridas por atletas de deportes de contacto.