Este é o Nitazeno, a nova droga 800 veces máis forte que morfina que prolifera nos EUA

O Nitazeno é 800 veces máis forte que a morfina [imaxe ilustrativa] (Foto: Nós Diario).
Actualmente, varias cidades dos EUA, entre eles Washington D.C., detectaron a circulación desta droga.

Un opioide sintético até 40 veces máis forte que o fentanil e até 800 veces máis potente que a morfina pon en xaque a resposta das autoridades sanitarias estadounidenses á crise de drogadicción nun número crecente de cidades do país.

Trátase do Nitazeno, un narcótico que pode atoparse en po, pílula ou líquido, e que en ocasións está mesturado coa heroína, a cocaína ou mesmo con analxésicos, o que expón ao consumidor a unha sobredose debido á súa extrema potencia.

Esta droga é potencialmente letal e pode tamén causar un inicio máis grave dos síntomas de abstinencia.

Os expertos sinalan que se require moito tempo de traballo de laboratorio para poder detectala e os centros hospitalarios non distinguen o nitazeno dos casos de intoxicación por fentanil, recolle Axios.

Orixinalmente, os nitazenos foron desenvoltos a partir de compoñentes sintéticos hai uns 60 anos por uns investigadores que traballaban para unha compañía farmacéutica creando medicamentos contra a dor como unha alternativa á morfina. Con todo, decidiuse cancelar o seu desenvolvemento polo alto potencial de sobredose que presentaba.

Actualmente, varias cidades dos EUA, entre eles Washington D.C., detectaron a circulación desta droga.

Na cidade de Filadelfia emitiuse unha alerta pública despois de que o opioide aparecese en catro mostras de drogas rueiras. En Tennessee as sobredoses relacionadas co nitazeno pasaron de 10 casos en 2020 a 42 en 2021, mentres que en Ohio multiplicáronse case por sete os casos de nitazeno (de 27 a 143) entre o primeiro trimestre de 2021 e 2022.

"Un problema de saúde pública"

A Administración de Control de Drogas (DEA, polas súas siglas en inglés) cualificou a continua evolución dos opioides sintéticos como os nitazenos como "un problema de saúde pública".

Trátase de "unha droga que nunca foi aprobada para uso médico, os nitazenos proveñen da China e mestúranse con outras drogas", advertiu.

"A xente debe ter en conta que, con todas as drogas sintéticas que existen e a forma en que se mesturan, un nunca sabe o que realmente está a comprar", agregou a analista de intelixencia, Maura Gaffney.