ELENA PéREZ, ENFERMEIRA EMIGRADA EN SOUTHEN (REINO UNIDO)

“Estanse a aproveitar da emigración traendo profesionais cun alto coñecemento”

Elena Pérez [cedida]

Os dados da EPA cifran en 24.600 as persoas entre 16 e 34 anos que emigraron da Galiza en 2014. O número ascende, en conxunto, a máis de 173.000 nos últimos cinco anos. 

 

Elena Pérez vive e traballa en Southen, unha cidade costeira a 63 quilómetros de Londres. Traballa nun hospital público desde hai 6 meses.

Por que decidiches marchar?
Decidin marchar porque era unha idea que xa tiña de sempre. Sempre quixen vivir e traballar nun país estranxeiro. Era coma un reto. De feito, estaba traballando cando decidín marchar.

Cantas persoas de Galiza coñeces en Londres?
Xente emigrada de Galiza no Reino Unido coñezo catro persoas para alén dunha das miñas amigas que conseguiu traballo recentemente e que está a piques de marchar para Londres. 

Cal foi a túa experiencia profesional mentres viviches en Galiza?
En comparanza cos meus compañeiros fun bastante afortunada porque entre 2010, que foi o ano que rematei os meus estudos, e 2014, que foi cando me fun, estiven catro meses e medio na sanidade publica e dous anos e medio na sanidade privada.

Cres que tiran proveito (económico) Reino Unido ou Alemaña da formación que recibides nas universidades públicas galegas?
Clarísimamente, si. Á xente de aquí dinlles que van exercer como enfermeiros mais cando chegan atópanse ca cruda realidade. En Inglerra si que vas a traballar como enfermeiro.Ágora ben a diferenza entre un enfermeiro inglés e un galego é bastante notábel. Aquí nas plantas encárganse de axudar os auxiliares a lavar os pacientes e teñen unha función máis social. É dicir fan de intermediarios entre o paciente e os fisioterapeutas, nutricionistas, traballadores sociais...para que o paciente á hora de lle daren a alta teña todas as dotacións que precise. En troca, nós somos "clínicos". Isto é, estudamos anatomía fisioloxia, a orixe do tratamento, a causa da enfermidade...

Eles non. De feito, un enfermeiro que estuda no Estado español non pode rematar a sua carreira universitaria se non ten unha serie de coñecementos [teóricos e prácticos] como non sabee facer técnicas tan elementais como vendar, extraer sangue, pór medicación intraveosa, ou pór unha vía. No Reino Unido todo iso faino o médico e para que un enfermeiro poida facer cada unha destas técnicas precisa dun training [adestramento] previo. O cal resulta moi frustrante cando levas anos facendo unha cousa e agora chegas e che din que tes que formarte, que aquí non o podes facer porque non tes o training. 

Esta entrevista fai parte da reportaxe publicada no número 131 do semanario en papel. Nunha dupla páxina analizamos as razóns que abocan a mocidade galega á emigración tomando como referencia un dos sectores profesionais dos que outros países de Europa están a tirar proveito. Mentres a crise demográfica se agudiza na Galiza, Alemaña ou o Reino Unido nutren os seus hospitais co coñecemento galego. Podes mercar o xornal nesta ligazón.