O ensino no rural sofre novos recortes

Aulas nun centro (Nós Diario)

A ANPA do CEIP do Incio denuncia que Inspección vén de lles comunicar que “os recursos van ser menos” de cara ao curso 2023-2024.

O CEIP Ricardo Gasset do Inicio, comarca de Sarria, terá no curso que principia en setembro menos recursos. Así o denuncia o CEIP deste centro de ensino, que lembra que “as familias do Incio levamos moitos anos loitando por unha educación de calidade para as nosas fillas e fillos no lugar onde vivimos.”.

Nais e pais de alumnado do CEIP denuncia que “de cara ao vindeiro curso no noso colexio as necesidades son maiores que no curso que vén de rematar. Dende a Inspección comunícasenos que os recursos van ser menos. A PT (especialista en pedagoxía terapéutica) que estaba no noso colexio a tempo completo pasará a estar a media xornada. Non é necesario ser especialista para saber que se as necesidades aumentan e os recursos diminúen, as nosas nenas e nenos non recibirán os apoios que precisan”.

A presidenta da ANPA, Elvira Campo, apunta nun comunicado que “a Consellaría de Educación debe garantir a igualdade de oportunidades para todos os nenos e todas as nenas, dotando dos recursos necesarios a todos e cada un dos centros educativos ao seu cargo”.

Por iso, engade “desexamos que a xefatura territorial reconsidere a súa decisión, e poña  en coñecemento do organismo competente a nosa necesidade de manter o mesmo profesorado do curso pasado”.

Recortes e feches

Entre 2009 e 2021 fecharon 13% dos centros que integran a rede pública galega de ensino mentres que nese mesmo período só tivo que botar o fechamento o 6% dos da rede privada. Esta, a privada, ten, logo, após pasar a década, un peso maior no conxunto do ensino na Galiza que antes da volta ao poder do PP en 2009.

Así, durante esa etapa 164 centros da rede pública, 13,1%, mentres que só o fixeron 6% na rede privada (18 colexios menos). Son datos do Consello Económico e Social (CES), que apuntan como este fechamento de centros de ensino afecta fundamentalmente os centros que imparten educación infantil, con 109 menos, o que supón unha caída do 50,2%.

Ademais, o 91% do total de centros de educación infantil perdidos en dito período son Tamén cómpre salientar a caída no número de centros que imparten educación infantil e primaria, que pasan de 683 no ano 2008 a 638 en 2021, 45 centros menos; os centros de titularidade pública redúcense en 49, mentres que nese tramo dáse un incremento de catro novos centros de titularidade privada.de titularidade pública.