Eleccións Galiza 5A: Xustificacións para non acudir á mesa electoral

Eleccións Galiza 5A: Xustificacións para non acudir á mesa electoral
Eleccións Galiza 2020: Qué ocorrería se non acodes á mesa electoral o próximo 5A?

Se tes que acudir a unha Mesa Electoral e por calqueira cousa non podes acudir, aquí contámosche o que podería pasar.

Os servizos de Correos botan fume as portas das próximas eleccións ao Parlamento de Galiza.

Entre as cartas que chegan os cidadáns que formarán parte das Mesas Electorais e as solicitudes de voto por correo, moitas veces prodúcense situacións de confusión en torno as xustificacións posíbeis para non acudir as mesas electorais.

 

No caso de que foses elixido e non asistas sen xustificación, agárdache unha pena de cárcere de entre tres meses a un ano ou unha multa a determinar. 

É necesario aclarar que sí existen posibilidades para non acudir a unha mesa electoral, pero non é sinxelo. Se es un dos elixidos para pertencer a unha mesa nas próximas eleccións do 5 de abril, anota os seguintes casos nos que sí é posíbel a renuncia.

Motivos persoais que xustifican a sustitución do desempeño do cargo

  • Se es maior de 65 e menor de 70 anos.
  • As persoas en situación declarada de discapacidade, en situación declarada de pensionista de incapacidade permanente absoluta e de gran invalidez. Tamén inclúe ás persoas en situación de incapacidade temporal para o traballo acreditada mediante a correspondente baixa médica.
  • Se estás embarazada, que saibas que as mulleres en período de xestación a partir dos seis meses de embarazo poden non asistir á Mesa e tampouco no período correspondente de descanso maternal, sexa subsidiado ou non pola Seguridade Social.
  • As persoas internadas en centros penitenciarios ou hospitais psiquiátricos tampouco poderán formar parte da Mesa. Esto acreditarase mediante a certificación dos responsábeis dos mesmos.
Os camiños inevitábeis das dereitas: afirmaron a estar dispostas a falar "con quen o pida"

 

Motivos persoais que xustifican a escusa e que valorará a Xunta Electoral 

  • As lesións, doenzas e enfermidades físicas ou psíquicas son as más xustificadas, ademáis das mulleres en situación de risco durante o embarazo nos primeiros seis meses de xestación.
  • Se agardas por unha operación xa confirmada por esas datas, que saibas que a previsión de intervencións cirúrxicas no día da votación, nos días anteriores ou seguintes e se a cita é inaprazábel, podes non asistir á Mesa.
  • Tampouco obrígase a acudir se pertences a comunidades relixiosas con celebracións que sexan incompatíbeis coa participación na Mesa Electoral.
  • Responsabilidades ou razóns familiares xustificadas por sí soas.
  • A condición de nai no período de lactancia natural ou artificial hasta que o meniño cumpla 9 meses. A acreditación faise mediante o libro de familia ou unha certificación no rexistro civil.
  • Coidado directo e continuado de menores de oito anos ou de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
  • Aplícase tamen ós coidados de familiares até segundo grao de consanguinidade, é dicir, avós, netos e irmáns e que, por razóns de idade, accidente ou enfermidades, non poidan valerse por sí mesmos.
Os partidos chaman á calma a espera de saber se o coronavirus afectará á campaña