Eleccións Galiza 5A: Prazos e requisitos para o voto por correo

Voto por correo Eleccións Galiza 2020: cómo solicitalo e cal son os prazos para poder votar o próximo 5 de Abril nas eleccións ao Parlamento Galego
Papeletas electorais nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
photo_camera Eleccións Galiza 5A: Prazos e requisitos para o voto por correo

As eleccións ao Parlamento Galego do 5 de Abril están ao caer, pero se non estás ese día na Galiza, podes pedir o voto por correo para exercer o teu dereito. Consulta os prazos para solicitalo e envialo correctamente.

Se non podes ir votar o vindeiro 5 de Abril, xa podes pedir o voto por correo. De feito, desde o pasado 11 de febreiro pódese pedir en calqueira oficina de Correos, tendo un prazo determinado para solicitalo e para enviar o voto.

Os prazos para solicitalo poden variar dependendo de se resides no estranxeiro ou estás temporalmente nun país. Estes son os prazos para votar por correo tanto desde o Estado español como desde calqueira outro país.

Entrevista a Alexandra Fernández: "Era o momento de dar un paso adiante e sumar co BNG"

 

Se resides no territorio nacional

Voto por correo na Galiza

Se o 5 de Abril estás noEstado español pero non na Galiza, o procedemento que hai que seguir para solicitar o voto é o seguinte:

Pedir o voto

Hai dúas maneiras de pedir o voto por correo, sempre contando con que o límite é o 26 de marzo.

  • Facelo de maneira presencial en calqueira oficina de Correos.
  • Facelo online a través deste enlace, imprimir a solicitude e presentala directamente en Correos

Entrega da documentación

O colexio electoral envía por correo certificado toda a documentación necesaria ás e aos electores que pedirán o voto. Este envío realizarase entre o 16 e o 29 de marzo.

Envío do voto

Desde que as e os electores reciben toda a documentación, existe un prazo cuxa data límite é o 1 de abril, para acudir a Correos a enviar o voto.

As enquisas do PP non dan maioría a Feixoo nas próximas eleccións do 5A

 

Se vives no estranxeiro

Se resides actualmente no estranxeiro e queres solicitar o voto por correo para as eleccións galegas do 5A, terás que seguir os seguintes pasos:

Estar inscrito no CERA 

Pedir o voto

  • A través deste enlace do INE
  • Por correo postal na oficina do Censo Electoral correspondente

Entrega da documentación

  • Datas: até o 16 de marzo se non hai impugnación de candidaturas e até o 24 no caso de que si.

Envío do voto

  • Remitindo o voto á Oficina Consular: Entre o 11 e o 31 de marzo
  • Votando na urna da Oficina Consular: Entre o 1 e o 3 de abril
CRTVG propón un debate a seis o 23 de marzo coa presenza de Ciudadanos e Vox

 

Se estás temporalmente no estranxeiro

Voto por correo estranxeiro

Pedir o voto

O voto se estás temporalmente no estranxeiro ten un prazo que vai dende o 11 de febreiro até o 7 de marzo.

Entrega da documentación

  • Datas: até o 16 de marzo se non hai impugnación de candidaturas e até o 24 no caso de que si.

Envío do voto

  • Mediante correo certificado até o 1 de abril
Radiografía das candidaturas, máis ou menos públicas, do 5-A

 

Eleccións 2020 Parlamento da Galiza

Sexa cal sexa a túa situación actual, se queres votar por correo nas próximas eleccións galegas poderás facelo desta forma. 

Se no caso contrario, non tes ningún impedimento para ir votar o próximo 5 de abril, poderás ir votar a túa mesa electoral correspondente. 

Para facilitar o coñecemento da mesa electoral que che corresponde, a Oficina do Censo Electoral enviará un cartón censal cos datos actualizados da inscrición no Censo electoral e da sección e mesa na que lle corresponde votar a cada persoa. 

Comentarios