Social

O curso escolar acabará en xuño

O Ministerio acordou cos representantes territoriais que todo o alumnado de ensino non universitario, desde infantil a bacharelato, pase de curso ao non poder reanudar as aulas presenciais pola crise do coronavirus.

O Ministerio de Educación vén de acordar cos Gobernos dos territorios do Estado que todo o alumnado, desde infantil a bacharelato, pase de curso ao non poder reanudar as aulas presenciais pola crise do coronavirus. 

Así, todas as estudantes de infantil, primaria, secundaria e primeiro de bacharelato pasan ao seguinte curso, mais non o farán coas mesmas cualificacións. 

Serán as docentes as que decidan, baseándose nas notas obtidas polas alumnas mentres as clase foron presenciais, a cualificación final de cada unha. Polo tanto, esta terceira avaliación só contará de maneira positiva para as estudantes. Aínda que lles poderán quedar asignaturas pendentes, pero iso non lles obrigará a repetir curso. Para que unha alumna chegue a repetir o centro terá que consultar coa Consellaría de Educación.

A ministra Isabel Celáa chegou a este acordo co resto de reprensentantes territoriais en materia de Educación na reunión mantida esta cuarta feira por videoconferencia, na que tamén confirmaron que haberá plans de reforzo este verán e durante o vindeiro curso académico. 

Estas medidas non afectarán ao estudantado de segundo de bacharelato, que serán avaliados segundo decida cada territorio, xa que as competencias en Educación están transferidas. Manteranse os exames de selectividade coa fórmula xa acordada para facelos máis accesíbeis. 

Xunta "lamenta" indefinición

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar,informa que instou hoxe o Ministerio de Educación "a definir os criterios de promoción e titulación, especialmente no caso de Educación Secundaria e Bacharelato".

Para Galza, indica, faise preciso que o Goberno español, "como órgano competente, estableza un marco normativo que garanta a igualdade de todo o alumnado á hora de pasar de curso e de titular, con independencia do territorio onde viva".

O sindicato maioritario no ensino público galego, CIG, "o que baixo ningún concepto se pode producir é que a suspensión das clases presenciais, é dicir, o efecto coronavirus, poda incidir o máis mínimo na promoción".