Doentes de hepatite C ao PP no Parlamento galego: "Vostedes a quen representan?"

[Imaxe AGE]

A Plataforma de afectad@s polo virus do VHC denunciaron no Parlamento que @s deixen morrer "por diñeiro". O PP vetou unha iniciativa para garantir o acceso a novos fármacos. VÍDEO NO INTERIOR.

 

Doentes de hepatite C concentráronse esta cuarta feira (11 de febreiro) ás portas do Pazo do Hórreo. Fixérono no mesmo día en que a Cámara debateu unha iniciativa presentada de maneira conxunta polos grupos do BNG e AGE en que reclaman ao goberno galego a regulación con criterios médicos do acceso aos fármacos de nova xeración cos que se está a tratar o virus do VHC. 

Máis unha vez, o Partido Popular tombou a proposición non de lei pasando rodillo, unha decisión que fixo chegar ao seu propio límite @s doentes que presenciaban o debate desde a bancada de convidad@s. 

Ao berro de "asasinos", "mediocres" e "senvergoñas" integrantes da plataforma exixiron @s parlamentares do PP que @s mirasen "á cara" mentres defendían o seu dereito "a vivir". 

"As consecuencias serán visíbeis"

"A quen representan?", preguntaban @s doentes @s deputad@s que co seu voto lles negan o acceso ao tratamento. "Toda a vida cotizando e o único dereito que nos queda é morrer", aseguraron desde as bancadas mentres o persoal do Parlamento @s convidaba a abandonar o salón de plenos. 

"Teñen que saber que o vaso da nosa dor, da nosa paciencia e da nosa crispación está máis que sobardado"

Todas as forzas da oposición (BNG, AGE, Grupo Mixto e PSdeG-PSOE) apoiaron a iniciativa e denunciaron nas súas quendas de intervención o rexeitamento d@s populares acusándo@s de seren "cómplices de asasinato" de estaren "matando" persoas. 

Representantes da Plataforma de afectad@s pola hepatite C abandonaron a Cámara logo de seren expuls@s por orde da presidenta do lexislativo, Pilar Rojo. Entre bágoas e "unha dor inmensa", sinalaron que a postura do Partido Popular resultaría en que "situacións como a que levou a Isolina á morte se continúen producindo" referíndose á última muller morta pola enfermidade. Isolina --cuxa familia se atopaba entre as persoas expulsas do hemiciclo-- recibía o tratamento desde o 15 de xaneiro após agardar desde agosto de 2014 por el. Finalmente morreu. 

"Teñen que saber que o vaso da nosa dor, da nosa paciencia e da nosa crispación está máis que sobardado", indicou Quique Costas, voceiro da plataforma ás portas do salón de plenos. Van sabelo e van sentilo", advertiu. "As consecuencias" da carraxe acumulada "serán visíbeis", acrecentou.