As forzas da orde detiveron na xornada de hoxe ao presunto autor do apuñalamento dun menor de 14 anos durante as festas da Ascensión.
A agresión produciuse na pasada quinta feira, nas proximidades da Igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela, co resultado dunha persoa ferida grave por rápida perda de sangue.
A rápida intervención dos axentes evitou males maiores, ao conseguir taponar a ferida provocada por unha arma branca na súa coxa esquerda.
A vítima foi traslada a continuación ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde o persoal médico procedeu a efectuar as curas necesarias.
As investigacións realizadas pola brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago de Compostela permitiron determinar que o presunto autor da agresión.
As fontes policiais informaron que o detido é un coñecido do agredido, descoñecéndose o grado de relación entre eles.
A persoa detida permanece baixo custodia dos seus proxenitores por tratarse dun menor de idade.
O procedemento continúa aberto á espera de que se feche o atestado final, correspondédelle a Fiscalía de Menores determinar as causas e as responsabilidades dos feitos.