Detectan actividade mineira "ilegal" en Cospeito

Reunión da Comisión contra as minas da Terra Chá. (Foto: Comisión contra as minas da Terra Chá)
A Comisión contra as Minas da Terra Chá asegura que Erimsa ofreceu contratos de arrendamento de terras á veciñanza dunha parroquia a pesar de que as súas solicitudes de permisos foron desestimadas. Pola súa parte, a Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non continúa a vixiar os momentos de Cobre San Rafael.

Os membros da Comisión contra as Minas da Terra Chá denuncia a existencia de unha actividade mineira "ilegal" no concello de Cospeito. O colectivo asegura que detectou movementos nunha mina na parroquia de Goá "hai uns días".

A plataforma engade que, por diferentes fontes da vila, tivo coñecemento de que a empresa "Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciños da zona de O Arneiro", un lugar que se atopa nesa mesma zona onde viron actividade.

A través da súa denuncia pública, a Comisión subliña que a compañía "tenta desde 2006 conseguir autorización para explotacións mineiras na zona".

Porén, polo de agora as solicitudes ás Administracións públicas acumulan "varias sentenzas desestimatorias".

Alerta en Touro

Pola súa banda, a Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non pregúntase se a empresa Cobre San Rafael ten a pretensión de chegar ao xulgado co seu proxecto.

Acusa á firma de "enmascarar a súa incompetencia con refritos de informes e accións da mal denominada responsabilidade social corporativa"

Despois dunha declaración de impacto ambiental e unha resolución negativa, remarca, "a mina de Touro tenta facer o seu proxecto inviable pola vía do recurso".

Esta plataforma critica o suposto intento de "enmascarar a súa incompetencia con refritos de informes e accións da mal denominada responsabilidade social corporativa" e "apostando polo litixio coa veciñanza".