mina

Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
Medio Ambiente

Augas da Galiza revoga a autorización que concedera para as verteduras da mina de San Finx

"Quedou acreditada a existencia de verteduras ao dominio público hidráulico con concentracións para os parámetros níquel, cadmio, cobre e zinc superiores aos límites autorizados", afirma Augas da Galiza.
Entrega das botellas de auga a representantes da Cámara Mineira. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

Ecoloxistas en Acción denuncia a "criminalización" das protestas por "atreverse a cuestionar as mentiras do 'lobby' mineiro"

A organización rexeita que seis dos seus activistas fosen condenados por un delito de coaccións leves polo "mero feito" de "querer entregar unhas botellas de agua contaminada" na Cámara Mineira.
Explotación de granito da empresa Minera de Rocas. (Foto: Minera de Rocas)
ECONOMÍA

A Xunta autoriza a expropiación de terreos comunais en Melón para uso dunha empresa mineira

Minera de Rocas extrae granito nestes terreos da CMMC de Tourón.
Traballos de prospección dunha mina de litio en Santa Comba. (Foto: Eurobattery)
ECONOMÍA

A UE deberá extraer o 10% das materias primas que consuma e "acelerará" os proxectos extractivos

25% dos produtos terán que procesarse no espazo comunitario.
Concentración de activistas de Ecoloxistas en Acción diante dos Xulgados da Coruña o pasado 5 de marzo. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Condenados por coaccións na Cámara Mineira seis activistas de Ecoloxistas en Acción, que recorrerán a sentenza

Os ecoloxistas entraron no recinto o pasado setembro para facer "unha entrega simbólica" de botellas de auga contaminada polas minas de San Finx e Touro. "Esta sentenza non vai frear o traballo de activismo e de denuncia de Ecoloxistas en Acción", advirten.
Ecoloxistas en Acción taponou a vía de saída de verteduras procedentes da mina.
Medio Ambiente

A ONU analizará os "incumprimentos" da Comisión Europea na mina de San Finx

Ecoloxistas en Acción denuncia que a Comisión "impediu o acceso" a información ambiental para "encubrir as ilegalidades na mina e da propia actuación da Xunta".
noruega-halla-sustanciales-recursos-minerales-sus-fondos-marinos-17720 (1)
INTERNACIONAL

Noruega, primeiro país do mundo en aprobar a minaría en fondos mariños

As empresas mineiras poden explorar 281.000 km2 das augas norueguesas, unha superficie case igual á de Italia. Científicos e ambientalistas mostran a súa preocupación.

touro_amd4
Xustiza

O Xulgado de Arzúa abre dilixencias penais contra a mina de Touro por posíbeis delitos contra o medio ambiente

Ecoloxistas en Acción persoarase como acusación popular na causa e esixirá medidas cautelares para parar as verteduras tóxicas da mina.
Mina de San Finx, explotada por Pivotal Metals (Foto: Ecoloxistas en Acción).
Xustiza

A empresa propietaria da mina de San Finx, imputada por delitos contra o ambiente

O representante da mineira terá que declarar o día 1 de febreiro ante o Xulgado de Noia.

Lola Rontano é activista ambiental e profesora de francés en secundaria. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Lola Rontano: "Todo comezou coa mina de Corcoesto. Tratei de dar forma novelada aos acontecementos"

Lola Rontano (Comala, Murcia, 1977) é a autora de 'Esperta do teu sono' (Xerais), unha novela que xira arredor das ameazas ambientais que tiveron lugar na Costa da Morte, mais tamén da toma de conciencia da poboación e a súa loita.
As denominadas 'terras raras' son recursos xeolóxicos considerados estratéxicos pola UE para o desenvolvemento da industria e as novas tecnoloxías. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A Xunta abre unha auditoría após denunciar ecoloxistas o desvío de 200.000 euros de fondos europeos á Cámara Mineira

O Goberno galego sinala que en 2024 non se subscribiu novo convenio coa entidade, "á espera do resultado do procedemento iniciado, após o que se tomarán as medidas oportunas".
Penouta do_bolo_ourense_galicia_espana_trata(1)
star
ECONOMÍA

O capital foráneo controla todos os proxectos de minaría metálica da Galiza: quen está detrás?

A minaría metálica na Galiza caracterízase polos seus elevados custos sociais e ambientais. A maiores, a totalidade dos proxectos están impulsados por empresas estranxeiras, o que provoca unha continúa drenaxe de recursos cara a fóra da Galiza pola vía dos impostos e das transferencias de capital.

Protesta veciñal contra a mina de San Acisclo. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Denuncian "múltiples irregularidades" da Xunta na autorización da mina San Acisclo

Ao afectar unha Reserva de Biosfera, o proxecto debería ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria, salienta un informe do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB solicitado polo Sindicato Labrego Galego.
Vista aérea da Mina de Penouta. (Foto: Strategic Minerals).
Xustiza

O TSXG asesta un novo golpe á Xunta e mantén a paralización cautelar da mina da Penouta

O alto tribunal galego recoñece que a Xunta omitiu a avaliación de impactos sobre a Rede Natura 2000 durante a tramitación da autorización e rexeita o recurso do propio Goberno galego e mais da empresa titular da explotación, avanzan desde Ecoloxistas en Acción.
Cartaz pendurado esta fin de semana contra a minaría no Suído. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"A serra non é unha mina": veciñanza do Suído oponse aos proxectos Alberta I, Alberta II e Carlota

Desde a plataforma SOS Suído-Seixo móstranse "altamente preocupados" polas recentes revelacións dunha investigación de 'Nós Diario' que relaciona a IberAmerican Lithium cos propietarios da mina Penouta (Strategic Minerals), cos novos propietarios da polémica mina de San Finx; así como con outros proxectos de explotación de recursos naturais en Colombia (Pacific Rubiales e Gran Colombia Gold), algúns que mesmo remataron na quebra das correspondentes empresas despois de deixar un regueiro de problemas medioambientais e conflictos sociais.
Mina da coltán da Penouta en Viana do Bolo, propiedade de Strategic Minerals. (Foto: Ecoloxistas en Acción)
Investigación

Quen está detrás dos xacementos de litio da serra do Suído e das minas da Penouta e San Finx?

Serafino Iacono, Miguel de la Campa e Jaime Pérez Branger son tres homes de relevancia da minaría na Galiza. A súa relación empresarial comezou hai anos en Colombia, onde foron albo da denuncia social pola súa política laboral, polas agresións ao medio ambiente e polo trato ás comunidades indíxenas.

ocupación san finx
SOCIAL

Ocupan as instalacións da mina de San Finx como protesta polas verteduras con metais pesados

Na nova acción de protesta, integrantes de colectivos do mar e ecoloxistas despregaron unha enorme pancarta ao pé das balsas da mina. Exixen o fin da impunidade das verteduras con metais pesados e a revogación da autorización que outorgou a Xunta o pasado mes de febreiro. Vídeo no interior

Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
SOCIAL

San Finx non cumpre e a Xunta vese obrigada a revogar o permiso de vertidos

Os incumprimentos reiterados da empresa Tungsten San Finx, S.L. obrigan ao Goberno Galego a pór en marcha un procedemento que entidades ecoloxistas, confrarías, veciñanza e investigadores levan meses reclamando.
Recuros galizalery
star
POLÍTICA

Así é a nova lei da Xunta que deixa os recursos naturais en mans das mineiras e as empresas eléctricas

O denominado proxecto de Lei dos recursos naturais da Galiza nace con polémica. Esta segunda feira, mesmo día en que Alfonso Rueda presentaba a Sociedade Recursos da Galiza, coñecíase que as principais organizacións sindicais do país demandan un cambio fondo no texto lexislativo.
Instalacións de Irosa-Samaca en Carballeda de Valdeorras. (Foto: Irosa-Samaca)
TRABALLO

Preacordo en Carballeda para manter os empregos na louseira

Traballadores da factoría protestan ante os camións con mercadoría