Descualificada da Carreira Pedestre do Pino por levar una camisola contra a mina

Imaxe: BNG de Compostela

Sabela Rei entrou en segunda posición na súa categoría na proba que tivo lugar este domingo no Pino.

Sabela Rei, cadete do Club Sar Vermú San Petroni, entrou en segunda posición na súa categoría na meta na Carreira pedrestre popular do Pino, que este domingo realizou a súa XV edición. Porén, esta atleta de Rois foi descualificada por levar unha camisola cun lema contra a mina de Touro-O Pino. Denúnciao o BNG, que considera inadmisíbel estes feitos.

 

Segunda recolle a fronte nacionalista, a propia atleta afirma que non se arrepinte de levar esa prenda: “Fixen o que me indicaba o corazón e nada nin ninguén me impedirá manter os meus pensamentos e ideas”.

 

Foliada

 

Este sábado, 5 de maio, decorrerá en Bama (campo da Festa), no concello de Touro, a ‘Foliada contra a mina’. Organizada pola Plataforma Mina Non terá lugar a partir das 18:00 horas e haberá música, comida e bebida a prezos populares, sorteos… Entre as actuacións, Os do Xalo, Reviravolta, Fiadeira, VouVirVorVer ou MIni.