Desborda unha das balsas da mina de Touro e verte ao río Brandelos

Denúnciao o colectivo Aldea Viva, que xa puxo os feitos en coñecemento da administración. A Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non convoca unha manifestación-tractorada contra o proxecto o vindeiro 25 de febreiro.

O colectivo Aldea Vida denuncia o desbordamento dunha das balsas mineiras de Bama e acaba vertendo ao río Brandelo, segundo recolle Lindeiros.gal.

 

As abundantes chuvias dos últimos días provocaron o reborde da balsa, situada a uns 100 metros do río. A vertedura da balsa, de cor turquesa-esbrancuxada forma escuma ao baterse e agrava de xeito preocupante a situación da canle fluvial, indican neste medio.

 

Aldea Viva comunicou por escrito a Augas de Galicia e á propia Consellaría de Medio Ambiente este suceso e instou as autoridades á actuar con prontitude.

 

A situación en Touro, según explica Aldea Viva,  é manifestamente incompatíbel coa Directiva Marco da Auga (2000/60/CE), establecida para deter o deterioro do estado das masas de auga en todo o ámbito da UE e conseguir un bo estado dos recursos hídricos.

 

Manifestación nacional

 

O domingo 25 de febreiro hai convocada unha manifestación-tractorada contra a mina. Sairá ás 12:00 horas da antiga balsa mineira de Angumil, en Touro.