[VÍDEO] Alertan da escaseza da dotación de bombeiros en Ourense que demostra a explosión na Finca da Marquesa

Momento da explosión

As dúas persoas feridas foron trasladadas ao CHUAC. Vídeo da explosión no interior.

Unha forte explosión na noite da cuarta á quinta feira en Ourense, na Finca da Marquesa, deixou 2 persoas feridas de certa gravidade e que tiveron que ser trasladadas ao CHUAC da Coruña e un gran susto entre a veciñanza da zona polo estoupido, que fixo tremer algunhas casas.

A orixe do estoupido podería estar relacionado, segundo se avanzou desde a investigación, cun depósito de gasoil existente na zona.

Mais esta explosión tamén deixa críticas e denuncias polo feito de que este suceso, que se produciu case ao tempo que un pequeno incendio noutro punto da cidade das Burgas, evidencia que a dotación de bombeiros non é a necesaria para Ourense.

Algo que as centrais sindicais levan tempo denunciando, mesmo incidindo no que cualifican e consideran como “pasotismo” por parte do alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Xácome.

 

 

Lembran que en 2019 iniciaran un ha serie de mobilizacións e actos para denunciar o curto que é o cadro de persoal e agora, 5 anos despois, o problema mantense e o rexedor “nin nos escoita”.

Inciden en que esta falla de medios supón, principalmente, un risco para a propia poboación, pois entenden que a dotación non é suficiente para afrontar un escenario de varias emerxencias e urxencias coincidentes.