Ambas as compañías asinaron un acordo para xestionar os decesos nas residencias

Denuncian a DomusVi e a funeraria Mémora por infrinxir a Lei de Datos

DomusVi "fixo caixa" coa morte de residentes. Así o denuncia a Federación REDE, que da man do avogado Xoán Antón Pérez-Lema levará a empresa ante a Xustiza por unha presunta vulneración da Lei de Protección de Datos na cesión dos mesmos á funeraria Mémora. Tamén estuda accións legais por infrinxir, supostamente, as leis de Competencia e de Defensa das Consumidoras.
Protesta en Cangas, o pasado mes de xullo, contra a xestión das residencias de DomusVi, que cualificaban como "neglixente" (Foto: Europa Press).
photo_camera Protesta en Cangas, o pasado mes de xullo, contra a xestión das residencias de DomusVi, que cualificaban como "neglixente" (Foto: Europa Press).
Comentarios