O curso escolar comeza con perto 800 prazas de profesorado sen cubrir na Galiza

O curso escolar deu inicio esta segunda feira na Galiza en todas as etapas educativas. Mentres Alfonso Rueda afirmaba que hai unha cifra histórica de profesorado, decorrían protestas pola falta de docentes. Os orzamentos de Educación desmenten os datos da Xunta e certifican a caída do investimento.

20250908_goretti_laraño_curso-1
A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, primeira pola dereita, visitou este 8 de setembro a escola do Rial de Laraño. (Foto: Arxina)
Comentarios