Un suposto erro informático diminuÃu en catro persoas o número de vÃtimas mortais pola pandemia na Galiza até hoxe. A ConsellarÃa de Sanidade explicou que non se tiñan contabilizado na estatÃstica global catro falecementos vinculados á residencia Asilo de Vilalba.
Malia que neste centro xeriátrico da comarca da Terra Chá detectouse un dos gromos máis grandes apenas houbo información sobre óbitos, o que facÃa pensar na curación da maiorÃa das e dos usuarios. No parte desta mañá notificouse a alta de 40 doentes, se ben a infraestrutura segue a ser unha das que ten máis persoas infectadas do paÃs tan só por detrás da Vila do Conde de Gondomar.
Aliás, agora sábese que entre a segunda quincena de novembro e o que vai do mes de decembro rexistráronse polo menos catro decesos que non foron comunicados publicamente "por un erro informático".
à marxe deses catro finados en Vilalba, hoxe houbo que lamentar outros seis pasamentos. Isto fai que a suma do dÃa ascenda ás 10 pacientes afectados pola Covid-19. AsÃ, a cifra desde que comezou a pandemia chegou ás 1.246 vÃtimas.
Con patoloxÃas previas
Dúas pacientes morreron no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). En concreto, un home de 69 anos e unha muller de 93.
No centro hospitalario de Compostela (CHUS) os equipos sanitarios non puideron salvar a vida dunha paciente de 91 anos e en Ferrol finou unha muller de 94 anos.
Xa no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) perderon a vida unha muller de 74 anos e un home de 86. Segundo fontes da ConsellarÃa de Sanidade, todas estas persoas padecÃan patoloxÃas previas que se viron complicadas polo virus.