Coronavirus na Galiza: gran descenso nos contaxios e nos casos activos

Imaxe de arquivo dun cribado entre a mocidade de Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) #ourense #cribado #pcr #mocidade #coronavirus #covid19 #contaxios #pandemia #saúde #sanidade
A nota negativa chega no referente ás hospitalizacións, que soben en 41 persoas.

Os novos contaxios de Covid-19 descenden este domingo e sitúanse por baixo dos 6.000 -5.354 casos, 1.341 menos nas últimas 24 horas- tras varios días superando esa barreira. Os casos activos tamén rexistran un notábel descenso, con 2.444 menos, que deixa 75.585 infeccións no país. Por contra, a presión hospitalaria increméntase con 592 ingresados por coronavirus (41 máis que na xornada anterior). A taxa de positividade baixa até 20,91%.

Segundo os datos actualizados na mañá de hoxe pola Consellería de  Sanidade con rexistros ata as 18 horas do sábado, baixan a 48 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza -un menos-, pero soben as hospitalizadas noutras unidades, 544, -42 máis-.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en seis das sete: só Pontevedra presenta menos hospitalizados, con 80 pacientes en unidades convencionais -un menos-, e sete en críticos -sen cambios-.

Así, na da Coruña e Cee baixan a 11 os críticos -un menos-, pero increméntanse os hospitalizados noutras unidades, 135 -sete máis-, mentres que na de Ourense tamén se rexistra un aumento nos ingresados por Covid en planta, 73 -nove máis-, aínda que continúan con nove hospitalizados en UCI -sen cambios-.

A área de Santiago e Barbanza mantén a seis pacientes Covid en UCI -sen cambios- e 81 noutras unidades -un máis-, mentres que na de Ferrol non hai cambios en críticos, un, e soben a 33 os ingresados noutras unidades -tres máis-.

Pola súa banda, a de Lugo tampouco notifica cambios en coidados intensivos, onde continúa con seis pacientes, e conta con 56 hospitalizados en planta -seis máis-; mentres que a de Vigo presenta 86 pacientes en unidades convencionais -17 máis- e oito en UCI -sen cambios-.

Menos casos activos

A Galiza rexistra un descenso nos casos activos, con 75.585 casos, 2.444 menos nas últimas 24 horas ao haber máis altas (7.796) que contaxios (5.354), ademais de dous falecementos.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas as áreas. O máis acusado preséntao o distrito sanitario de Vigo (-614), seguido por Santiago (-470), Lugo (-399), A Coruña (-383), Pontevedra (-228), Ourense (-219) e Ferrol (-131).

Por tanto, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 20.246; seguida da de Coruña e Cee, con 15.814; Santiago e Barbanza, con 11.380; Pontevedra e O Salnés, con 9.030; Ourense, con 7.753; Lugo, con 7.621; e á cola mantense a de Ferrol, con 3.741.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade no pasado 21 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días descende de novo lixeiramente na Galiza a 3.259,07 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.418,46 de media en España, que se incrementa.

Menos contaxios

Os novos contaxios de Covid-19 descenden e sitúanse por baixo da barreira dos 6.000, concretamente nos 5.354, que supoñen 1.341 menos que a xornada anterior, cando se rexistraron 6.695.

Así, desde o inicio desta pandemia ascenden na Galiza a 376.883 contaxiados por coronavirus, dos que 88.267 corresponden á área de Vigo; 79.572, á da Coruña; 57.021, á de Santiago; 46.306, á de Ourense; 44.741, á de Pontevedra; 38.891, á de Lugo; e 22.085, á de Ferrol.

En toda Galiza nas últimas 24 horas efectuáronse 5.904 PCR, que elevan a 3.505.340 as realizadas desde o inicio da pandemia; e 8.044 test de  antíxenos, que suman 1.351.819. Entre ambos os tipos constitúen 13.948 probas diagnósticas.

En canto á taxa de positividade en  PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, baixa até o 20,91% tras rexistrar un 23,76% a xornada. Por iso, mantense por moi encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Vítimas e curados

Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en toda Galiza ascenden a 2.875, ao notificar a Consellería de  Sanidade este sábado dous óbitos.

Mentres, 298.472 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, que implican 7.796 máis que as rexistradas ata o día pasado.