Alén das medidas de seguridade ambiental e cidadá nas cacharelas e da redución do volume do lixo producido, achegamos cinco consellos para desfrutar dun San Xoán máis ecolóxico.
- Acoutar os espazos de festa é fundamental, sobre todo nas proximidades de espazos naturais como fragas, ríos ou contornas históricas ou monumentais, co fin de evitarmos riscos de lumes, danos á flora, á fauna e ao patrimonio e accidentes ás persoas.
- Evitar facer fogueiras en praias e dunas, especialmente en litorais protexidos ou de alto valor ecolóxico. Aínda así, unha praia urbana, por moi humanizada que pareza, pode acubillar unha rica biodiversidade.
- Dispoñer de protocolos, materiais e persoal responsábel de velar polo bo desenvolvemento da festa e con capacidade para previr situacións de risco.
- Empregar recipientes de barro e louza para reducir o volume de refugallos xerados polas persoas consumidoras.
- Contar con suficientes colectores para a recollida selectiva dos refugallos.