Galiza pide o pase á Fase 2 con libre mobilidade por todo o territorio

(Eduardo Sanz Europa Press)

O conselleiro de Sanidade cualifica a situación epidemiolóxica da Galiza de “excelente”

Galiza solicitou ao Goberno español o pase á Fase 2 do proceso de desconfinamento - actualmente está na 1- e que nese novo escenario se autorice a libre mobilidade por todo o territorio galego. Actualmente, esta está limitada dentro das provincias.

O conselleiro de Sanidade Vázquez Almuíña compareceu ante a pensa nesta terza feira para defender que Galiza reunía e cumpría os requisitos necesarios para avanzar de Fase. “Temos unha situación asistencia e epidemiolóxica excelente”, chegou a afirmar o conselleiro.

Almuíña informou que nestes últimos 3 días en 306 concellos galegos non se rexistrara ningún caso de coronavirus, polo que, indicou, “podemos superar esas fronteiras de provincia” dentro de Galiza.

Dixo tamén que a Xunta presentara unha alegación para que se permitise as visitas a residencias de anciáns, visitas que Feixoo anunciou para esta segunda feira (18), mais que non poden realizarse até a Fase 2.
Protocolo electoral

O conselleiro anunciou que se está a traballar nun protocolo específico para as eleccións do 12 de xullo por mor da situación na que se van desenvolver estas.

Nesta liña, dixo que se ía poder votar “con tranquilidade” e mesmo indicou que “hai actividades de grupo agora que son mais complexas de controlar “.

Sobre as máscaras, Almuiña informou que transmitiron ao Ministerio que nas zonas rurais non fose necesario o seu uso pois non hai “aglomeracións”.