O número de persoas curadas de coronavirus na Galiza é de 9.281

(Oscar J. Barroso Europa Press)

Os casos activos son 1.136, o que supón 35 menos ca onte, nunha xornada sen falecidos.


 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 1.136, un descenso de 31 a respecto dos dados do domingo.

Por áreas sanitarias, deses 1.136 casos, un total de 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 190 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 2 menos ca onte, 92 están en unidades de hospitalización (1 menos que na segunda feira) e 1.029 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.281 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos, non rexistrándose vítimas mortais nesta xornada.

O número de PCR realizadas é de 127.359.

Residencias de anciás

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 266 casos activos, dos que 155 son de persoas usuarias mentres que 111 son de traballadoras e traballadores.

No que atinxe a falecementos, mantense en 270: 132 en residencias e 138 en hospitais e residencias integradas.